Se tes entre 7 e 11 anos e só temes ao aburrimento pasa unha noite no Aquarium Finisterrae: desde as 20:00 até as 11:00 do día seguinte.
Inscríbete desde o MARTES 8 de maio de 2012:
DATAS
Venres 25 e sábado 26 de maio – Venres 1 de xuño – Venres 8 e sábado 9 de xuño. – Venres 15 e sábado 16 de xuño.
PREZO
60 € por persoa (50 € para titulares da Tarxeta 20 e para socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias).
Se, debido a unha Alerta por Temporal, houbese que cancelar algunha das sesións, devolveríase íntegra a taxa de inscrición.
Os nenos que participen poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus, ese lugar tan especial ambientado coma se fose o submarino do capitán Nemo e rodeado de mar por todas partes. Tamén asistirán a proxeccións na OceanoSfera e realizarán talleres e experimentos científicos relacionados coa bioloxía mariña e a oceanografía.
En cada sesión poderán participar 20 nenos como máximo.
INSCRICIÓN:
1. Reserva de praza Por rigorosa orde de chamada ao teléfono 981 189842, de 8:30 a 14:30 O prazo comeza o MARTES 8 de maio de 2012 ás 8:30. Só se poderán inscribir 3 nenos por chamada, cos datos do pai, nai ou titor de cada un.
2. Formalización Os pais deberán entregar en persoa nas oficinas do Aquarium Finisterrae:
a) Formulario de responsabilidade civil (PDF, 592 KB) firmado polo titor legal. b) Fotocopia de documento oficial que acredite a idade do menor participante: DNI, pasaporte, libro de familia ou cartilla da Seguridade Social. c) Tasa de inscrición en efectivo.
A inscrición definitiva quedará formalizada unha vez efectuado o pago. A data límite de pago será o 18 de maio de 2012.
Os participantes deberán acudir á actividade provistos de:
•Roupa cómoda, deportiva. •Mochila ou similar. •Elementos de aseo persoal. •Saco de durmir e esterilla.