A Coruña
CPR Plurilingüe Calasancias

Actividades venres 24

Este venres coinciden varios actos moi interesantes para o noso alumnado:

  •  Ás 10.30 h, no Forum Metropolitanos, dous grupos de alumnos de 6º de Primaria participan na XV Edición do REBUMBIO MATEMÁTICO. Eles son:

          Pitágoras Team: Diego López Mora, Yago Bort Respino y María Couto Feito.

          Os Problemáticos: Alba Otero Prado, Miguel Romero Suárez y Jairo Noriega Figueroa.
  • Ás 11.00 h, no salón de plenos do Concello de María Pita, as cooperativas de 5º EP, Art e Happy Workers recibirán as licencias de parte do alcalde para levar adiante os seus proxectos SEMENTE.
  • Pola tarde, en Santiago de Compostela, un grupo de alumnos de Infantil e Primaria asistirán á entrega de premios do concurso "Deseña unha xoia para a túa Nai". Eles son:
        Martina Piñón, 3ºEI
        Ylenia López, 2º EP
        Paula Respino, 2º EP
        María Toja, 2º EP
        Claudia Queijeiro, 4º EP
        Irene Corral, 5º EP
        Brais Martínez, 5º EP
Parabéns para todos e moita sorte para os participantes no Rebumbio Matemático!!!
 

Actividades do 20 ó 24 de abril

As actividades previstas para esta semana son as seguintes:

  • Martes 21: 2º ESO-A visita a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e a cidade vella.
  • Xoves 23: 2º ESO-B visita a Casa-Museo EPB e a cidade vella, alumnado de BAC recibe unha charla de Hostelería; pola tarde, contacontos para Infantil e formación para as nais e pais dos nenos de 1ª Comuñón de 1º ano.
  • Venres 24: Alumnado de 3º ESO vai de excursión de fin de curso a Lourdes. Regresan o día 28.

«La escuela calasancia, mediante la cultura, reconoce y pule, dirige y perfecciona los talentos del niño...»(BFM, Discurso de Celanova)

Nesta semana...

Seguimos coa recollida de libros infantís en inglés para a misión educativa de Futrú (Camerún). En bo estado ou novos. Temos de prazo ata este xoves, 16 de abril.

E tamén seguimos recollendo alimentos para o Banco de Alimentos no que nos queda de curso. Os do mes de marzo xa foron entregados o pasado sábado.

 

Colaboración Banco de Alimentos

Os días 10 e 11 deste mes o Banco de Alimentos organiza unha nova Operación Quilo nos centros comerciais de Carrefour. Alumnos (desde ESO) e adultos interesados en colaborar no Carrefour dos Rosales, poden anotarse na Recepción do colexio. Pódense organizar en quendas de 3-4 persoas, nas seguintes horas:

  • Venres 10: 15.00 a 17.00, 17.00 a 19.30 e 19.30 a 22.00 h.
  • Sábado 11: 10.00 a 12.30, 12.30 a 15.00, 15.00 a 17.00, 17.00 a 19.30 e 19.30 a 22.00 h.

O prazo de inscrición remata o xoves, 9 de abril.

Gracias anticipadas por parte de Balrial (Banco de Alimentos de A Coruña).

Actividades do 7 ó 12/04/15

Feliz regreso ás aulas. As actividades previstas para esta semana son:

  • Martes 7: 3º EP-B visita a Biblioteca M. González Garcés.
  • Mércores 8: 5º EP visita o Museo Arqueolóxico.
  • Xoves 9: 3º EP-A visita a Biblioteca M. Glez. Garcés e 6º EP o Museo Arqueolóxico. Xornada vocacional para alumnado de 4º ESO e 1º BAC.
  • Venres 10: 1º ESO asiste ó espectáculo multidisciplinar Heian no Ágora. Xornada vocacional para alumnado de 2º BAC.
  • Domingo 12: Eucaristía familiar preparada polas nenas e nenos de 1º ano de 1ª Comuñón (12.00 h).

 

Copyright CPR Plurilingüe Calasancias © 2015.