Renovación parcial do Consello Escolar

Con data de 30 de outubro de 2014 queda aberto o proceso de renovación parcial do Consello Escolar, polo que deberemos ter en conta estas dúas datas:

  • Luns, 3 de novembro: SORTEO PÚBLICO para a constitución da Xunta Electoral, formada por representantes dos cinco estamentos que conforman a comunidade educativa (nais/pais, alumnado, profesorado, PAS e entidade titular). Será ás 10.00 h da mañá.
  • Martes, 4 de novembro: Constitución da Xunta Electoral e publicación dos censos e calendario electoral (16.00 h).

Charla sobre adolescentes e tecnoloxías

Os resultados das investigacións dos últimos anos supoñen unha crecente preocupación polo uso que fan de Internet e das Novas Tecnoloxías os nosos adolescentes, traducíndose o seu impacto, a miúdo, en comportamentos de risco (ciberbullying, sexting...) así como illamento social, fracaso escolar e frecuentes conflitos familiares.  

Ante esta realidade social, escolar e familiar e co interese de profundizar na busca de solución, dous importantes expertos no tema a través de visións complementarias achegarán ó longo da charla-coloquio recomendacións de interese para pais, nais, profesionais do ámbito educativo, social e da saúde 

Dende a Asociación ADAFAD e coa colaboración do Concello da Coruña e Afundación   convocámolos a participar. Poden facer a inscripcion a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.  (nome e apelidos, correo electrónico, ocupación) ou no teléfono 981226926.

Actividades do 27 ó 30 de outubro

Entramos na derradeira semana do mes de outubro. As actividades previstas para esta semana son:

Luns 27: Curso sobre novas metodoloxías na educación para profesorado de Infantil el Primaria (15.30 a 19.30 h).

Martes 28: Visita á Torre de Celas de Peiro por parte do alumnado de Infantil (de 10.00 a 12.30 h); curso de novas metodoloxías para  o profesorado de ESO-BAC pola tarde.

Xoves 30: Asistencia á representación teatral de D. Juan Tenorio por parte do alumnado de Bacharelato (Teatro Colón).

Lembramos que o día 31, venres, DÍA DO ENSINO (así establecido pola Consellería de Educación na Orde do 13 de xuño de 2014), non hai clases.

 

«Desde una visión positiva del hombre y de la historia, la escuela calasancia motiva la esperanza y la alegría...» (Propuesta Educativa ICHDP, nº 25)

Actividades do 20 ó 26 de outubro

Nesta semana, ademais das reunións propias de profesores, destacamos:

Luns 20: Asemblea Xeral Ordinaria ANPA (19.00 h 1ª convocatoria, 19.30 h 2ª convocatoria) e Asemblea Extraordinaria ANPA (20.00 h).

Xoves 23: Formación para nais e pais dos alumnos de 2º ano de 1ª Comuñón (19.30 h).

Click to view full size image

Sábado 25: Convivencia de inicio das actividades pastorais de Movemento Calasancio e de Confirmación (10.30 a 18.00 h). Remata a convivencia cunha Eucaristía Familiar (ás 17.00 h). Están invitadas a participar todas as familias do colexio, especialmente as dos alumnos que están en grupos de Pastoral.

«La comunidad cristiana es el punto de referencia y el objetivo fundamental desde el que realizamos la educación en la fe. En grupos de profundización cristiana iniciamos y desarrollamos la iluminación comunitaria de la fe». (Propuesta Educativa ICHDP, nº 17)

Copyright © 2014.