Semana Letras Galegas

Semana corta pois, co gallo da celebración das Letras Galegas, disfrutaremos dunha pequena ponte xa que o día 18 é non lectivo para nós (concedido pola Delegación Territorial de Educación). Dada a súa brevidade, son poucas as actividades previstas (non por iso menos importantes):

  • Martes, 15: Reunións de orientación e formación para as familias dos alumnos de 2º e 3º de Infantil (15.45 h) e de 2º de Primaria (17.45 h).
  • Mércores, 16: Graduación da 11ª Promoción de 2º de Bacharelato, co seguinte horario:

                              19.00: Acto de graduación (discursos e entrega de orlas).

                              20.15: Eucaristía de Acción de Gracias.

                              21.00: Viño español.

 

Novas para 2º BAC

Os alumnos de 2º BAC están a piques de rematar a súa etapa no colexio e iniciar unha nova encamiñada a estudos universitarios ou de formación profesional. O día 16 deste mes celebraremos a súa graduación, o cal non significa que xa rematou todo, pois aínda queda repasar, prepararse ben para a selectividade (ou agardar a setembro).

Deixamos enlaces a tres temas que lles poden afectar:

  1. Información sobre reclamacións ás notas finais: https://www.edu.xunta.es/web/node/4734.
  2. Información sobre o recoñecemento ós mellores expedientes de bacharelato (aqueles alumnos que teñan unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos): https://www.edu.xunta.es/premiosbac.
  3. Outra posibilidade de optar a un recoñecemento é participar no curso “O triunfo do saber, ou saber para triunfar”, para os mellores expedientes de bacharelato de toda Galicia, organizado pola Xunta de Galicia e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo: Instruccións 2012 e Anexo Solicitude curso UIMP.
 

Avaliación de diagnóstico 2º ESO

Como xa se informou, os días 9 e 10 deste mes os alumnos de 2º ESO realizarán as probas correspondentes á Avaliación de Diagnóstico 2012. O calendario das probas é o seguinte:

  • Mércores, 9: De 8.30 a 12.00 h, probas de competencia matemática e de coñecemento e interacción co mundo físico. Ás 12.20 seguirán o horario habitual de clases e o mesmo pola tarde.
  • Xoves, 10: De 8.30 a 10.10 h, proba de competencia lingüística e cuestionario de contexto. A partir das 10.10 seguirán o horario habitual. Levarán á casa o cuestionario de alumnado-familias que deberán cubrir os pais. O venres será entregado dito cuestionario en Secretaría.

 

En canto ós alumnos de 2º de Bacharelato, rematados os exames da 3ª avaliación, retomarán as clases desde mañá, mércores, no seu horario habitual ata o día 5 de xuño. Os alumnos con avaliacións pendentes farán os exames nos días e horas sinalados, e incorporaranse ás clases cos demais compañeiros rematados os exames.

 

Marcha Mariana

Na web do Instituto Calasancio hai unha pequena reseña do que foi a Marcha Mariana do pasado sábado, 5 de maio. En breve, colgaranse as fotos na galería de imaxes da nosa páxina. Moitas gracias ás familias que deixastes que os vosos fillos disfrutasen dese día.

 

Actividades do 7 ó 13 de maio

"Dejemos obrar a Dios que sabe bien lo que conviene" (BFM, Ep 169)

 

Nesta semana, ademais de seguir recordando a María, Divina Pastora, a través do Ángelus que rezamos ás 10.00 da mañá, temos que destacar a realización das probas da AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO para os alumnos de 2º ESO, os días 9 e 10. Outras actividades salientables son:

  • Martes, 8: Charla de orientación para as familias de alumnos de 1º de Infantil (3 anos) ás 15.45 h na sala de conferencias. O tema é "Educar na autoestima para crecer como persoas".
  • Mércores, 9: Teatro para os alumnos de 1º BAC (sala de conferencias) e para os alumnos do 1º ciclo de Primaria e Infantil no salón de actos (8.45 e 10.30 h). A cargo da compañía Caramuxo e ofertado pola ANPA, con motivo da celebración anticipada das Letras Galegas.
  • Xoves, 10: Visita ás instalacións de La Voz de Galicia por parte dos alumnos de 1º BAC pola mañá.
  • Venres, 11: Celebración penitencial para os confirmandos de 2º ano (4º ESO) pola tarde.
  • Sábado, 12: CONFIRMACIÓN ás 12.00 h na capela do colexio.
  • Domingo, 13: 2ª tanda de Primeiras Comuñóns, ás 12.00 h, tamén na capela do colexio.

Que María, Divina Pastora, nos axude a ser pedras vivas na Igrexa, a vivir a nosa fe desde a unidade e o amor, sendo exemplos vivos para todos os nenos e mozos que neste mes reciben os sacramentos.

 

Seccións fixas

Últimas noticias

Comunicación e Información as Familias

 default.gif

 

Colexio Calasancias

Estrada dos Fortes, 11

15011 A Coruña
Correo-e:

direccion@colexiocalasancias.com

 

 

 

 O neno representa a flor da humanidade que se renova"

(Beato Faustino Mí­guez)

Autora Debuxo:

Leticia Suárez Barrigón

 

 

 

 

 
mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy231
mod_vvisit_counterAyer362
mod_vvisit_counterEsta semana2399
mod_vvisit_counterSemana pasada3822
mod_vvisit_counterEste mes9300
mod_vvisit_counterÚltimo mes15510
mod_vvisit_counterTodos los días186783

We have: 3 guests online
Tu IP: 38.107.179.232
 , 
Hoy: May 19, 2012

Quén está en líña?

Tenemos 3 invitados conectado(s)