Os períodos de vacacións que figuran no Calendario Escolar
(DOG do 29 de maio de 2008), son os seguintes:
• NADAL: Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro de 2009, ámbolos
dous inclusive.
• SEMANA SANTA: Do 6 ao 13 de abril de 2009, ámbolos dous inclusive.
• ENTROIDO: 23, 24 e 25 de febreiro de 2009.
Son días festivos e non lectivos os seguintes:
• 6 outubro, DÍA NON LECTIVO, autorizado pola Delegación
de Educación e O. U.
• 7 outubro, Nª Sª do ROSARIO, festivo local (martes).
• 8 decembro, INMACULADA CONCEPCIÓN (luns).
• 19 marzo, SAN XOXÉ (xoves).
• 20 marzo, DÍA DO ENSINO (venres).
• 1 maio, FESTA DO TRABALLO (venres).
Durante o curso escolar celebraranse unha serie de conmemoracións,
para as cales se organizarán no Colexio diversas actividades. Estas
datas son lectivas para tódolos efectos:
OUTUBRO
DOMUND: Concienciamos aos nosos alumnos da importancia de cooperar e solidarizarse
cos máis desfavorecidos da sociedade. Trátase de que todos
nos sensibilicemos ante a realidade de desigualdade e de inxustiza que vivimos
hoxe.
NOVEMBRO
MAGOSTO: O obxectivo da celebración desta festa é o simple
coñecemento do froito típico do outono e a súa degustación,
tratando así a ambientación dunha das festas populares da
nosa terra.
SAN XOSÉ DE CALASANZ (24-28): Dedicamos a Semana ao Educador Calasancio
coa finalidade de motivar ao alumnado a vivir desde o respecto e o amor,
alicerces básicos da pedagoxía de Calasanz, e espertar neles
o cariño e o afecto cara os seus mestres.
DECEMBRO
1-12 decembro: Conmemoración da Constitución e do Estatuto
de Autonomía de Galicia.
10 decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
NADAL:
Desde a Comunidade Educativa queremos fomentar a xenerosidade e as actitudes
que axuden a saber compartir, así como descubrir o sentido profundo
do Nadal lembrando que Deus faise Neno para estar entre nós. Motivarase
esta conmemoración coas seguintes actividades:
• Concurso de tarxetas de Nadal. Escollerase unha delas para editala
e felicitar con ela ás familias.
• Operación Quilo (recollida de alimentos para os pobres do
noso entorno).
• Belén e ofrenda do Nadal.
• Visita dos Reis Magos (coa colaboración da Asociación
de Pais e Nais).
XANEIRO
DÍA DA PAZ e do BOCADILLO SOLIDARIO (30): Tratamos de concienciarnos
de que debemos vivir en concordia, evitando as actitudes violentas e fomentando
a creación de relacións de cooperación. As actividades
a realizar irán encamiñadas a vivir desde a solidariedade
e a xustiza como alicerces básicos para a PAZ.
Neste día tamén temos un recordo moi especial para os nenos
e nenas de Mateare (Nicaragua), que só poden facer unha comida ao
día, e solidarizámonos con eles mediante a participación
no bocata solidario.
FEBREIRO
ENTROIDO: Ademais de ser outra das festas populares de Galicia, queremos
facer partícipes ao alumnado dunha festa chea de fantasía,
desenvolvendo a creatividade e celebrando a entrada dunha nova estación:
a Primavera. Celebraremos esta data o día 20 de febreiro coas tradicionais
COMPARSAS (contamos tamén coa colaboración de ANPA).
MARZO
SEMANA CULTURAL BEATO FAUSTINO MÍGUEZ, Patrón dos colexios
calasancios (5-8). nesta semana damos a coñecer vida de amor e entrega
do P. Faustino, destacando a súa dedicación aos máis
pequenos e máis necesitados. Foi un home adiantado a súa época
preocupándose pola situación discriminatoria da muller.
Outras conmemoracións:
• Día Internacional da Muller (8).
• Día Mundial dos Dereitos do Consumidor (15).
• Semana da Prensa (9-13).
ABRIL
• Día Mundial da Saúde (7).
• Día do Libro (14-30).
MAIO
• Día de Europa (9).
• Día da Familia (15)
LETRAS GALEGAS (11-15): Este ano 2009 dedícase a Ramón Piñeiro
López, primero presidente do Consello da Cultura Galega e impulsor
da normalización da lingua galega.
DIVINA PASTORA (29)
Celebramos de maneira especial este día porque María, Divina
Pastora, é a titular de tódolos colexios calasancios. Ela
é Modelo de muller entregada e de vida orante para todo alumno e
mestre calasancio.
XUÑO
• Día Mundial do Ambiente (5)
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Para o curso 2008-2009 están previstas
as seguintes actividades e visitas culturais:
EDUCACIÓN INFANTIL
• Convivencia de inicio de curso (colexio).
• Museo de Arte Contemporaneo (MACUF) para 4 e 5 anos: "Xogos
africanos".
• Concertos didácticos para 4 e 5 anos: “Cantar por cantar”.
• Biblioteca Municipal para 3 e 5 anos.
• Bombeiros para todos.
• Acuario para 4 e 5 anos.
• Excursión Marcelle Natureza (Outeiro de Rei, Lugo) para todos.
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º CICLO
• Convivencia de inicio de curso (colexio).
• Teatro no Forum Metropolitano: "Blancanieves".
• Casa dos peixes para 1º EP.
• Bombeiros para 2º EP.
• Biblioteca Municipal.
• Excursión Marcelle Natureza (Outeiro de Rei, Lugo) para todos.
2º CICLO
• Convivencia de inicio de curso (colexio e Parque de Bens).
• Teatro no Forum Metropolitano: "La arena y el agua"
• Casa das ciencias para 3º EP.
• Casa do Home para 4º EP.
• Biblioteca Municipal.
• Educación ambiental: A ruta da auga.
• Monte de S. Pedro.
• Concertos didácticos: "Ven bailar, Carmiña".
• Excursión (sen determinar itinerario).
3º CICLO
• Convivencia de inicio de curso (colexio e Parque de Bens).
• Teatro no I.E.S. Cruceiro Baleares (Culleredo): "No me ralles"
• Torre de Hércules
• Castro de Elviña para 6º EP.
• Casa dos peixes para 5º EP.
• Concertos didácticos: "Metálicos".
• Ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia: "El pájaro
de fuego".
• Excursión ás Médulas (Carucedo, León).
EDUCACIÓN SECUNDARIA
1º ESO
• Convivencia de inicio de curso (Iñas).
• Teatro no Forum Metropolitano: "El enamorado y la muerte"
• Cidade vella.
• Centro Meteorolóxico.
• Patinaxe.
• Educación vial: "Te puede pasar".
• Excursión de fin de curso: Museo do Mar (Vigo).
2º ESO
• Convivencia de inicio de curso (Iñas).
• Teatro no Forum Metropolitano: "El enamorado y la muerte"
• Castro de Elviña.
• Fábrica de Coca-Cola.
• Patinaxe.
• Educación vial: "Te puede pasar".
• Excursión de fin de curso: Museo do Mar (Vigo).
3º ESO
• Convivencia de inicio de curso (Iñas).
• Teatro no Rosalía de Castro: "No Coment"
• Museo de Arte Contemporáneo (MACUF): "Xogos africanos".
• Educación ambiental: "La energía que mueve mi
ciudad".
• Patinaxe.
• Ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia: "El pájaro
de fuego".
• Educación vial: "Te puede pasar".
• Excursión de fin de curso: Samil (Vigo).
4º ESO
• Convivencia de inicio de curso (Iñas).
• Teatro no Rosalía de Castro: "No Coment"
• Museo de Arte Contemporáneo (MACUF): "Xogos africanos".
• Educación ambiental: "La energía que mueve mi
ciudad".
• Patinaxe.
• Teatro en francés, no I.E.S. Cruceiro Baleares (Culleredo):
"Je ne suis plus un enfant" (só para o alumnado de francés).
• Educación vial: "Te puede pasar".
• Excursión de fin de curso (sen determinar itinerario).
BACHARELATO
• Teatro Rosalía de Castro: "No coment"
• Convivencia de inicio de curso (Monfero).
• Visita a R (1º BAC).
• Visita a Repsol (2ºBAC).
• Festival de Teatro Clásico en Lugo (só para alumnado
de Grego).
• Educación vial: "Te puede pasar".
• Teatro en francés, no I.E.S. Cruceiro Baleares (Culleredo):
"Je ne suis plus un enfant" (só para o alumnado de francés).
• Casa-Museo E. Pardo Bazán (2ºBAC).
• Centro Meteorolóxico. (2ºBAC)
• Excursión a París (vacacións Entroido).
Estas son as actividades complementarias que están
programadas para este
curso 2008-2009. A realización das mesmas depende sempre de que sexan
concedidas polas entidades correspondentes. Por outra banda, ao longo do
curso séguese ofertando actividades que poden ser do agrado dos diferentes
cursos, ciclos e/ou etapas.

Colexio Calasancias
Estrada dos Fortes, 11 15011 A Coruña
Correo-e: direccion@colexiocalasancias.com