Pastoral



VIVE... E ENGANCHA A OUTROS:
GRATUIDADE, SOLIDARIDADE, RESPECTO, XENEROSIDADE E VALORACIÓN.

A Proposta Educativa do Colexio Calasancias sinala como obxectivo derradeiro da educación o desenvolvemento harmónico da persoa do alumno en tódalas súas dimensións.
Preténdese:


• Procurar un ambiente cálido e seguro.
• Axudar ó alumno/a a adquirir a madurez necesaria que lle permita afrontar a súa evolución, cubrindo as necesidades físicas, afectivas, intelectuais, sociais e morais.
• Potenciar o desenvolvemento harmónico da súa dimensión ética e transcendente desde unha concepción cristián da vida.
De acordo con este obxectivo, desenvolvemos unha serie de actividades e propoñemos un elenco de valores e prioridades que, neste curso 2008-2009, tentaremos levar a cabo na nosa COMUNIDADE EDUCATIVA.

Proposta Educativa do Instituto Calasancio Hijas de la Divina Pastora

Obxectivos:

O Colexio Calasancias de A Coruña, xunto cos restantes centros educativos calasancios de Galicia, establece para o curso 2008-2009o seguinte OBXECTIVO XERAL:


“FACER DOS NOSOS CENTROS VERDADEIROS LUGARES DE EVANXELIZACIÓN NOS QUE SE FACILITE O DIÁLOGO FE-CULTURA PARA EDUCAR ÓS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS NOS VALORES EVANXÉLICOS QUE LLES DEAN CONSISTENCIA PERSOAL E OS CONVERTA EN AXENTES DE TRANSFORMACIÓN DA SOCIEDADE Ó ESTILO DE XESÚS”.


Para facer posible a consecución deste obxectivo, fíxase un LEMA que trataremos de vivir entre toda a Comunidade Educativa:


VIVE... E ENGANCHA A OUTROS:
GRATUIDADE, SOLIDARIDADE, RESPECTO, XENEROSIDADE E VALORACIÓN.

Así mesmo, recóllense uns OBXECTIVOS PROPIOS DE CICLO, que constitúen unha axuda máis para a consecución do obxectivo xeral. Son os seguintes:


Educación Infantil: Educar ao neno de forma integral, facéndoo medrar en tódalas súas dimensións e capacidades (físicas, intelectuais e afectivas), procurando un ambiente cálido e seguro no que poida adquirir a madurez necesaria e se fomente a xenerosidade, respecto, esforzo, escoita e equipo.
1º ciclo E. Primaria: Fomentar as boas relacións no trato cos demais e axudarlles aos alumnos a que sexan capaces de asumir as pequenas responsabilidades que lles corresponden.
2º ciclo E. Primaria: Potenciar no alumnado unha actitude cada vez máis autónoma nas actividades habituais, adquirindo progresivamente responsabilidade e seguridade afectiva e emocional.
3º ciclo de Primaria: Incentivar o traballo diario e o respecto entre os nosos alumnos.
Secundaria: Fomentar que a comunidade escolar funcione como un equipo, tratando de potenciar o esforzo e a escoita para lograr que a comunicación sexa xenerosa e respectuosa entre os distintos receptores.
Bacharelato: Favorecer unha formación integral como persoas, tratando de desenvolver valores como a tolerancia, o respecto entre iguais, a solidariedade, o espírito de superación e a propia responsabilidade ante os estudios e as obrigas no centro. Promoverase un modelo de disciplina asentado no diálogo e no razoamento, propio xa da súa madurez

Avaliación:

 

CRITERIOS


Entendemos a avaliación como un proceso orientado á formación integral do alumno/a, que se centra, fundamentalmente, nas capacidades, destrezas e valores-actitudes. Concibimos tres tipos de avaliación:


1. Avaliación inicial: Permite ao profesor determinar o punto de partida dos alumnos respecto ao seu estilo de aprendizaxe. En tódolos cursos farase esta avaliación no mes de setembro.
2. Avaliación continua ou formativa: É fundamental esta avaliación para ir axustando a ensinanza, de xeito que se logre a modificación e mellora das aprendizaxes reais dos alumnos. De acordo a este resultado, programarase reforzo educativo para aqueles alumnos que non superen os contidos propostos.
3. Avaliación sumativa ou final: Por medio desta, compróbase se o alumno acadou os obxectivos fundamentais de cada unidade e trimestre.

PROCEDEMENTOS

Os procedementos de avaliación son empregados segundo os criterios adoptados nas reunións de Seminarios e Ciclos, tratando de ser flexibles e de adaptarse na medida do posible ao ritmo dos alumnos, tendo en conta o criterio de opción pola calidade educativa así como o nivel no que se atopa o alumno. Os principias procedementos para levar a cabo a avaliación son:

1. Observación sistemática.

2. Análise de produccións dos alumnos de:
· Monografías.
· Resumos.
· Traballos de aplicación e síntese.
· Cadernos de clase.
· Textos escritos.
· Produccións orais.
3. Intercambios orais cos alumnos:
· Diálogos.
· Entrevistas.
· Posta en común.
· Asembleas.
4. Probas específicas:
· Obxectivas.
· Abertas.
· Exposición dun tema.
· Resolución de exercicios.
5. Autoavaliación.


INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS


Durante o curso 2008-2009 levaranse a cabo tres informes do proceso de aprendizaxe dos alumnos. No mes de xuño entregarase un informe final. As datas de entrega dos boletíns de notas serán as seguintes:


1ª AVALIACIÓN: 18 de decembro de 2008. Para 2ºBAC: 27 de novembro de 2008.
2ª AVALIACIÓN: 2 de abril de 2009. Para 2ºBAC: 19 de febreiro de 2009.
3ª AVALIACIÓN: 16 de xuño de 2009. Para 2ºBAC: 15 de maio de 2009.

BOLETÍN FINAL: 26 de xuño de 2009.
2º BAC: 26 de maio de 2009.


   
   

Colexio Calasancias Estrada dos Fortes, 11 15011 A Coruña
Correo-e: direccion@colexiocalasancias.com

 

A u t o b u s _E s c o l a r