A programación da materia de TECNOLOXÍA está constituída por unha serie de Unidades de Traballo nas que se desenvolven as actividades de ensinanza-aprendizaxe e a partir delas elabóranse os obxectivos e os criterios de avaliación.
A área de Tecnoloxía está integrada
por un amplo conxunto de coñecementos, pouco estruturado e con desenvolvementos
parcialmente diverxentes. Non obstante, se analizamos unha serie de obxectos
e dispositivos técnicos observamos que existen unhas estruturas e
principios que se manifestan nos distintos obxectos técnicos, polos
que podemos aborda-lo coñecemento destas estruturas e principios
independentemente dos obxectos técnicos. A tecnoloxía, pola
súa propia natureza, constitúe un campo privilexiado de integración
de saberes (é unha área eminentemente interdisciplinar), mantendo
unha estreita relación con outras áreas do currículo
(ciencias da natureza, matemáticas, ciencias sociais, educación
plástica e visual...).
Nesta área de Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria
trata de fomentar o aprendizaxe de coñecementos e o desenrolo de
destrezas que permitan, tanto a comprensión dos obxectos técnicos,
como a súa utilización. Pretende tamén que os alumnos
usen as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como ferramentas neste proceso, e non como fin en si mesmo.
A concreción da área contribuirá o desenrolo das seguintes
capacidades:
* Perceptivas, expresivas e cognitivas, por medio do análise dos
obxectos e sistemas técnicos e a adquisición de coñecementos
para entendelos y aplicalos.
* Estéticas e creativas, resolvendo construíndo obxectos o
sistemas que contribúan tamén a consecución dun entorno
agradable.
* Sociais e afectivas como respectar, apreciar e aprender a interpretar
outros modos de expresión e resolución de problemas, relacionarse
con outras persoas e participar en actividades de grupo.
* De planificación, toma de decisións e avaliación,
como determinar as fases do proceso de realización dun proxecto,
analizar os seus compoñentes para adecualos os obxectivos e revisar
o acabar cada unha das fases.
En suma, a educación Tecnolóxica:
* Permite o desenrolo de actitudes e hábitos de análise e
reflexión.
* Proporciona técnicas útiles para enfrontarse a situacións
diversas.
* Fomentalo espírito crítico e a creatividade.
* Posibilitala adquisición de destrezas vinculadas a orde, seguridade
e coidado nos procesos de elaboración de proxectos.
A acción Metodolóxica se apoia en tres principios:
* Adquisición dos coñecementos técnicos e científicos
necesarios para a comprensión e desenrolo da actividade tecnolóxica.
* Análise dos obxectos tecnolóxicos e posible manipulación
e transformación.
* Desenrolo de procesos de resolución de problemas a través
dunha metodoloxía de proxectos. Actitude aberta o traballo en grupo,
desenrolando cualidades necesarias para a actividade laboral.