A nosa Institución nace por mor das necesidades educativas das mulleres de finais do século XIX. Un home, o P. Faustino Míguez, soubo ver a falta de formación da muller naquela época e reúne un grupo de mozas que se senten identificadas ca misión educativa, creando a congregación de Religiosas Calasancias Hijas de la Divina Pastora, para dedicarse á educación segundo o espírito e o estilo pedagóxico de Xosé de Calasanz.

Hoxe seguimos dando; resposta ás necesidades da nosa sociedade por medio dunha formación académica e cristiá que demandan moitas familias.

A Escola Calasancia, desde unha escala de valores evanxélicos:

* Axuda a descubrir as posibilidades físicas, intelectuais, afectivas, sociais, morais e relixiosas dos, alumnos.
* Educar para a responsabilidade persoal e colectiva, o sentido do deber, a toma de conciencia acerca das inxustizas sociais e o compromiso a favor dunha sociedade máis xusta e fraterna.
* Promove unha educación para a liberdade de xeito que os alumnos sexan capaces de facer opcións libres e responsables, fomentando o respecto á liberdade dos demais.
* Potencia o desenvolvemento harmónico da dimensión ética e transcendente do alumno desde unha concepción cristiá da vida.


Por todo iso podemos dicir que a nosa misíon consiste en proporcionar unha educación baseada en criterios evanxélicos, que atenda de maneira equilibrada as dimensións que interveñen na formación da personalidade e do desenvolvemento integral e harrnónico dos nenos e mozos: dimensión afectiva, social, intelectual, corporal, moral e transcendente.


Queremos:


* Proporcionar a mellor formación académica, humana e cristiá e, ó mesmo tempo, intentamos que os alumnos se vaian do colexio sentíndose identificados co carisma calasancio.
* Colaborar estreitamente cas familias, ofrecéndolles ferramentas para afrontar os retos que supón a educación dos seus fillos.
* Dar unha resposta adecuada ás necesidades dos nosos alumnos.


E desexamos ser percibidos como un colexio plural, aberto e cercano á realidade social do noso entorno.


Contamos con:

* Un equipo de profesores vocacionados e entusiastas, en constante formación e entregados a súa misión educativa.
* O trato cercano cas familias e os alumnos.
* A continuidade do proxecto calasancio, que se observa na presencia de fillos de antigos alumnos e profesores ex-alumnos.
* Os recursos materiais necesarios para impartir unha educación de calidade.
* O carácter de centro relixioso privado-concertado.
* O sentido de protección e seguridade que se percibe nos nosos centros.

Para asegurar o cumprimento de toda a normativa vixente e involucrarnos nun ciclo de mellora continua, os nosos centros teñen implantados un sistema de xestión de calidade baseado na Norma ISO 9001:2000 e requisitos educativos.